|
Foros Coalición ;-)
Foros de Trabajo
Foros del WDDF
Foros de Opinión
|
PREGUNTAS SEN RESPOSTA
AS PREGUNTAS DE ODEP ÓS PARTIDOS POLITICOS
¿Como pensan desbloquea-las listas electorais? o método varia moito os resultados...
1. Primarias abertas a tódolos cidadans
2. Elección nominal dos candidatos
Para sabermos a idea que teñen sobor dunha democrácia deberían definirse sobor de:
- Proporcionalidade provincial , autonomica ou estatal
- Ilegalización de partidos políticos
- Protección do segredo de voto: Destruccion das listas de votantes e cumprimento das leis no canto das cabinas electorais
- separación de poderes inexistente
- república vs. monarquía
- Liberdade de iniciativa popular á reforma constitucional.
- Liberdade de iniciativa popular á convocatoria de asamblea constituinte.
- Remate da prohibición ó caracter vinculante do referendum. Abolición do actual plebiscito consultivo.
- Abolición da autorizacion previa estatal á convocatoria do referendum rexional e local.
- Fin da prohibición das liberdades de iniciativa popular ó referendum.
- Iniciativa popular a:
* Referendum revocatorio de cargos públicos electos.
* Referendum de ratificación de tratados internacionais.
* Referendum de derogación/ratificación de leis e decretos.
- Evolución da actual peticion lexislativa (ILP) a unha verdadeira iniciativa popular lexislativa, que remate en referendum vinculante xunto coa contraproposta parlamentaria.
- Suprimi-las restriccions da actual petición lexislativa (ILP), actualmente prohibida para leis orgánicas (Lei electoral,...)
- Articulación do dereito de autodeterminación coma liberdade individual exercida colectivamente, sen funadmento nen histórico, nen lingüistico, nen de nengun outro tipo.
- Proteccion constitucional do__presuposto participativo__ , especialmente no ámbeto municipal
- Separación de poderes actualmente inexistente:
* Elección directa e indepéndente do poder executivo
* Asignacion orzamentaria minima ó poder xudicial, que controlará o seu orzamento, organización e persoal.
* Desaparición da figura do xefe do estado, en particular a da institución fósil da monarquia.
* Creación do poder inspector. Elección directa dos cargos de fiscal xeral, controlador ( tribunal de contas ) e defansor do povo. Asignación orzamantária mínima, asi coma control do seu orzamento, organizacion e persoal.
* Desenrolo constitucional dos mecanismos de control mutuos entre poderes
-- XmMeijome
-- OutraDemocraciaePosible
-- IdeAriO
|