|
Foros Coalición ;-)
Foros de Trabajo
Foros del WDDF
Foros de Opinión
|

BENVIDOS Á VERSION EN GALEGO
Somos un colectivo de persoas inconformes co actual sistema democrático que montarmos unha coalicion para presentarmosnos ás eleccions. Non, Non toleamos. Valoramos moito a tódolos colectivos e persoas que loitan por un mundo máis xusto, normalmente "dende fora do sistema". Pero coidamos que alguén tamén ten que face-lo traballo sucio de introducirse no circo politico para intentar trocalo dende dentro, para intentar conseguir unha verdadeira democrácia.
A mensaxe central de Outra Democracia é posibel é que o sistema democrático actual é pouco democrático e, en ocasions, pouco respetuoso cos dereitos humans. Tentamos canalizar esforzos para definir uns modelos políticos mais participativos que os actuais, nos que os dereitos humans se atopen en primeira liña..
Non pretendemos gañar votos, senon aproveita-la campaña electoral para transmitir esas mensaxes de denuncia xunto a unha mensaxe de esperanza, e unha serie de propostas. Se por un casual nos votan e inclusive alguha lista obtén representación, aproveitaranse os postos acadados para seguir denunciando as caréncias da democracia actual e propondo democracias mais participativas..
Outra Democracia é posibel é tamén un ensaio de apertura dos partidos politicos e do proceso de confección de listas electorais. Para levar a cabo esta acción de forma completamente legal constituiuse unha coalición formada por dous partidos creados fai un par de anos con composición, obxectivos e estratexias diferéntes á dos partidos convencionais: --Motivados e --Espiral. Dentro da legalidade vixente, Creamos un sistema de confeccion de listas aberto e democrático donde calquer persoa acorde co programa electoral puido crear unah lista municipal ou pode apuntarse a listas mais abertas via WEB. Gratis, en dous minutos e sen necesidade de estar afilidado a nenegun partido..
Só por este obxectivo, xa conseguido, o experimento amosou os seus primeiros resultados positivos. Seguemos a avanzar, e agardamos facelo coa tua compaña.
WEB EN MANS DUN AFECCIONADO
DESCULPEN AS MOLESTIAS
ESTAMOS TRABAJANDO EN ELLO
-- XmMeijome
-- PreguntasSenResposta
-- IdeAriO
|