|
Foros Coalición ;-)
Foros de Trabajo
Foros del WDDF
Foros de Opinión
|
IDEARIO DE OUTRA DEMOCRACIA É POSIBEL
A INICIATIVA TROIANA
A laboura que tenta ODEP, e que se esta a descreber co metaforico nome de iniciativa troiana, é denunciar e troca-lo sistema internandose nel. ODEP non pretende modifica-la situacion politica por medios violentos, ó tempo que é notorio que as elites políticas fan oidos xordos a calquer iniciativa pacífica non política.
A úneca posibilidade de denuncia e troco que nos resta ós que creemos que a democrácia é escasa, consiste en presentarmonos ás eleccions coma os partidos politicos, alguns deles moi pouco democráticos; a pesares de que a nosa estructura social difire substancialmente da de un partido politico. A nosa estructura organizativa basease na horizontaliedade dunha asociación informal, estrictamente autofinanciada, e que emprega o modo legal de partido político por conveniencia e só cando é preciso. O colectivo de ODEP pretende empregar no seu funcionamento interno os mesmos procedementos democráticos que reclama para a sociedade.
Esta estratexia permite difundi-la mensaxe de ODEP con mais facilidade, aproveitando os resquicios do sistema e aspirando a forzar ás elites a que incluan propostas de liberdade política na axenda pública, para finalmente conquerir o noso obxectivo: O crecemento dunha cultura e democracia participativa, e que se convirtan en realidade liberdades políticas prohibidas ou deficientes no rexime domiñante.
PARA O PLENO RECOÑECEMENTO DAS LIBERDADES POLITICAS.
Reforma da constitución e dos estatutos a fin de permitir:
Referéndums vinculantes, incluidos os realizados á proposta dun determinado número de cidadans.
Dereito á iniciativa popular para apresentar propostas de leis ( incluida a constitución e os estatutos ) e a ser aprovadas en referendum.
Dereito a revocar, por iniciativa popular e mediante referendum a calquer cargo electo.
Aplicacion do principio de subsidiariedade polos poderes do estado nos asuntos que afecten a cadánsua comunidade autónoma.
Auténtica participación cidadan na toma de decisions politicas asi coma no seu seguimento e avaliación da aplicacion das mesmas: Presupostos participativos - Concellos cidadans - Concellos temáticos - Democrácia electrónica...
POR UNHA AUTÉNTICA SEPARACION DE PODERES
Reforma dos estatutos para que seña posibel:
Reforma del Estatuto para que sea posible:
Eleccion directa polos cidadans do presidente da comunidade e do xefe do executivo mediante o sistema de votación por "descartes sucesivos".
Lei electoral baseada no sistema de votación do "voto persoal transferibel" para que queden garantidas auténticamente a proporcionalidade, a pluralidade e a representación territorial.
Confeccion das candidaturas por medio de eleccions primárias.
Que ser elexido deputat@ comporte incompatibilidade durante catro anos para ocupar cargos no governo.
Eleccíon anual da cuarta parte do parlamento.
Poder xudicial independente dos poderes lexislativo e executivo.
Lexislacion que garanta unha verdadeira liberdade de difusión.
PARA UNHA VERDADEIRA GARANTIA DO RESPETO OS DEREITOS HUMANS
Reforma dos estatutos para que seña posibel:
Promulgación da carta dos dereitos cidadans.
Creación dun tribunal de dereitos cidadans presidido polo presidente da comunidade autónoma.
-- XmMeijome
-- PreguntasSenResposta
-- OutraDemocraciaePosible
|